Monday 16 de September de 2024

Somozas convoca unha liña de axudas para material escolar e desprazamentos do curso 24/25


• A documentación necesaria para solicitar estas axudas pode descargarse na sede electrónica ou solicitarse na Casa do Concello.

• Os conceptos específicos subvencionables son os libros escolares, libros de lectura, material funxible necesario para a actividade escolar, mochilas, material informático, material deportivo e outros materiais funxibles dependendo da actividade que se realice.

• As persoas beneficiarias teñen que estar empadroadas no Concello das Somozas e poderán presentar as solicitudes ata o 30 de setembro de 2024.

O Concello das Somozas convoca unha liña de subvencións para axudar ás familias á hora de adquirir material escolar para o curso 2024 – 2025 de educación infantil, primaria e secundaria, FP Básica, Bacharelato, e para gastos de desprazamentos para estudantes de ciclos medio ou superior, e universitarios e para axudar nos desprazamentos escolares.

Os conceptos específicos subvencionables son os libros escolares, libros de lectura, material funxible necesario para a actividade escolar, mochilas, material informático, material deportivo e outros materiais funxibles dependendo da actividade que se realice.

As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 30 de setembro e as persoas beneficiarias deberán estar empadroadas no Concello das Somozas (polo menos un pai/nai/titor/a do alumno ou alumna) e non superar os ingresos das da suma das bases impoñibles do IRPF.

As contías concedidas variarán en función da titulación que estean cursando os alumnos ou alumnas.

As bases desta convocatoria están publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e a documentación necesaria para solicitar estas axudas pode descargarse na sede electrónica ou solicitarse na Casa do Concello.

Segundo indica o rexedor local, Juan Alonso, “este equipo de goberno continúa apoiando e fomentando a educación, xa que o consideremos un tema prioritario. Por iso, achegamos á nosa veciñanza estes recursos que consideramos que poden facilitar o acceso á ensinanza”.